Calveiro, Marcos

Agora que vén a noite / Calveiro, Marcos - 1ª ed. - Vigo : Galaxia , 2024 - 113

Novela de ficción e misterio.

Zoe, tras un grave incidente no instituto, ten que comparecer ante a Fiscalía de
Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, decide
enviala a Vilavedra, unha afastada aldea onde pasará o verán con Primitiva,
a madriña da súa nai, unha vella desaborida á que a moza nin estima nin coñece.
Nesas xornadas estivais, Zoe madurará e irá descubrindo pouco a pouco como
asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a Roi, un mozo moi distinto
a ela, e xuntos desentrañarán o misterio que envolve o pasado de Primitiva, que se
agocha tras dun mangado de cartas e unha pandeireta.
Agora que vén a noite vai construíndo, elo a elo, unha cadea que une o presente
coa tradición. Unha cadea que debemos coidar e reivindicar, coa palabra, co cante e
co toque. Unha celebración da nosa cultura popular e das mulleres que a conservaron
en tempos escuros e incertos.

3º-4º ESO

9788411763592


misterio
adolescencia

82-N

Coa tecnoloxía Koha