Agora que vén a noite / Calveiro, Marcos
por Calveiro, Marcos [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Eduardo Pondal Sala préstamo | G-N CAL ago | Dispoñible | CED026000017414 |
|
Novela de ficción e misterio.
Zoe, tras un grave incidente no instituto, ten que comparecer ante a Fiscalía de
Menores. A súa nai, desesperada, mentres o futuro da filla non se resolve, decide
enviala a Vilavedra, unha afastada aldea onde pasará o verán con Primitiva,
a madriña da súa nai, unha vella desaborida á que a moza nin estima nin coñece.
Nesas xornadas estivais, Zoe madurará e irá descubrindo pouco a pouco como
asumir as consecuencias dos seus actos. Coñecerá tamén a Roi, un mozo moi distinto
a ela, e xuntos desentrañarán o misterio que envolve o pasado de Primitiva, que se
agocha tras dun mangado de cartas e unha pandeireta.
Agora que vén a noite vai construíndo, elo a elo, unha cadea que une o presente
coa tradición. Unha cadea que debemos coidar e reivindicar, coa palabra, co cante e
co toque. Unha celebración da nosa cultura popular e das mulleres que a conservaron
en tempos escuros e incertos.
3º-4º ESO